Lista de políticas activas
| Nome | Tipo | Alcance |
|---|---|---|
| Tratamento de datos | Política de privacidade | Usuarios autenticados |
| Condiciones uso campus virtual | Política do sitio | Usuarios autenticados |
Resumo
Texto completo
Consentimento para o tratamento de datos e uso da imaxe
Por medio deste escrito dou o meu consentimento á Universidade de Santiago de Compostela para o tratamento dos meus datos persoais, así como para a captación, uso e reprodución de secuencias filmadas en vídeo, fotografías ou gravacións da miña voz con motivo da miña participación no Curso de Formación Continua en Formación Pedagógica y Didáctica del Profesorado Especialista en Sectores Singulares de la Formación Profesional (en adiante, Curso de Formación Continua).
Os datos persoais, así como as secuencias filmadas, fotografías ou gravacións de voz, serán susceptibles de ser utilizados para o desenvolvemento da actividade académica e de divulgación do curso.
📷 Condicións de utilización e difusión
A utilización e difusión dos devanditos materiais audiovisuais rexerase polas seguintes condicións:
- Ámbito interno: Incorporación no campus virtual, ferramentas de administración académica e canles internas de docencia da Universidade de Santiago de Compostela e do Curso de Formación Continua.
- Difusión e divulgación académica: Publicación na web e canles de información institucionais do Curso de Formación Continua.
- Redes sociais institucionais: Difusión exclusivamente de imaxes e vídeos de carácter xeral, colectivas ou ilustrativas do desenvolvemento das sesións e actividades do curso nas redes sociais oficiais do Curso de Formación Continua e da Universidade de Santiago de Compostela, coa única finalidade de informar sobre a actividade académica e promover a formación.
Informarásenos previamente se os datos persoais, a imaxe ou a voz van ser utilizados para calquera outra finalidade diferente das anteriormente citadas.
📋 Outras condicións da autorización
- Gratuidade e ámbito territorial: A presente autorización outórgase a título gratuíto, sen que xere dereito a indemnización ou contraprestación económica algunha, e abranguerá un ámbito territorial universal.
- Carácter voluntario: A denegación ou revogación do consentimento para a captación e difusión da imaxe ou voz non condicionará en ningún caso a participación nin a avaliación no Curso de Formación Continua.
🔒 Información básica sobre protección de datos
| Responsable | UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA |
| Finalidade | Uso da imaxe persoal e tratamento de datos |
| Lexitimación | A persoa interesada deu o seu consentimento para o tratamento dos seus datos persoais para un ou varios fins específicos. Art. 6.1 a) RGPD. |
| Destinatarios | Profesorado, páxina web, campus virtual, redes sociais e canles de divulgación |
| Dereitos | A persoa interesada ten dereito a retirar o consentimento prestado, segundo se explica na información adicional. |
| Información adicional | A información adicional e detallada atópase nos seguintes recursos: |
Resumo
Condicións de uso para a utilización do Campus Virtual/Condiciones de uso para la utilización del Campus Virtual
Texto completo
Condicións de uso para a utilización do Campus Virtual/Condiciones de uso para la utilización del Campus Virtual
CONDICIÓNS DE USO DOS MATERIAIS QUE FIGURAN NO CAMPUS VIRTUAL DA USC
A Universidade de Santiago de Compostela e as persoas usuarias do Campus Virtual da USC están comprometidas co uso responsable do material almacenado nas aulas virtuais, así como co cumprimento da lexislación sobre propiedade intelectual e da normativa de protección de datos de carácter persoal.Para estes efectos deben respectarse as seguintes condicións de uso:
Propiedade Intelectual
Material docente
O material docente elaborado polo profesorado está sometido a dereitos de autoría. Non se permite o seu uso para fins distintos dos de imparticion da docencia en cada materia deste Campus Virtual. Tampouco se permite a súa difusión nin publicación por ningunha outra canle. O uso e difusión para outros fins requirirá a autorización expresa da USC.
Material de consulta
As obras dispoñibles nesta intranet están protexidas por dereitos de autoría, e a súa reprodución e comunicación pública faise baixo a autorización establecida no artigo 32.4 da Lei de propiedade intelectual. Calquera reprodución, distribución, transformación e comunicación pública en calquera medio e de calquera outra forma diferente do alcance da dita autorización, deberá ser obxecto dunha licenza especifica a través da entidade de xestión de dereitos de autor CEDRO.
Material discente
O material discente que figure na aula debe respectar os dereitos de propiedade intelectual e industrial dos creadores. No caso de utilizar citas, estas deberán estar debidamente referenciadas. Este material só poderá ser utilizado polo seu autor ou autora para fins docentes, discentes ou de investigación, e sempre con referencia á persoa titular dos dereitos de propiedade intelectual.
Protección de datos
É unha obriga legal de todos e cada un dos membros da comunidade universitaria que accedan a datos persoais na aula virtual o cumprimento da normativa de protección de datos. Polo tanto, os datos persoais que figuren nas aulas non poden ser utilizados para outros fins diferentes da docencia e discencia universitaria, e non poden ser difundidos por ningún medio, incluíndo como tales as redes sociais. Queda totalmente prohibido descargar e difundir listaxes de clase ou listaxes de cualificacións que figuren nas aulas virtuais por redes sociais.Seguridade da información
Tamén será aplicable ao uso da aula virtual a normativa sobre seguridade no uso da información e utilización das TIC.O incumprimento das condicións indicadas pode xerar responsabilidade administrativa.
CONDICIONES DE USO DE LOS MATERIALES QUE FIGURAN EN El CAMPUS VIRTUAL DE LA USC
La Universidad de Santiago de Compostela y las personas usuarias del Campus Virtual de la USC están comprometidas con el uso responsable del material almacenado en las aulas virtuales, así como con el cumplimiento de la legislación sobre propiedad intelectual y de la normativa de protección de datos de carácter personal.
Para estos efectos deben respetarse las siguientes condiciones de uso:
Propiedad Intelectual
Material docente
El material docente elaborado por el profesorado está sometido a derechos de autoría. No se permite su uso para fines distintos de los de imparticion de la docencia en cada materia de este Campus Virtual. Tampoco se permite su difusión ni publicación por ninguna otro canal. El uso y difusión para otros fines requerirá la autorización expresa de la USC.
Material de consulta
Las obras disponibles en esta intranet están protegidas por derechos de autoría, y su reproducción y comunicación pública se hace bajo la autorización establecida en el artículo 32.4 de la Ley de propiedad intelectual. Cualquier reproducción, distribución, transformación y comunicación pública en cualquiera medio y de cualquier otra forma diferente del alcance de dicha autorización, deberá ser objeto de una licencia especifica a través de la entidad de gestión de derechos de autor CEDRO.
Material discente
El material discente que figure en el aula debe respetar los derechos de propiedad intelectual e industrial de los creadores. En el caso de utilizar citas, estas deberán estar debidamente referenciadas. Este material solo podrá ser utilizado por su autor o autora para fines docentes, discentes o de investigación, y siempre con referencia a la persona titular de los derechos de propiedad intelectual.
Protección de datos
Es un deber legal de todos y cada uno de los miembros de la comunidad universitaria que accedan a datos personales en el aula virtual el cumplimiento de la normativa de protección de datos. Por lo tanto, los datos personales que figuren en las aulas no pueden ser utilizados para otros fines diferentes de la docencia y discencia universitaria, y no pueden ser difundidos por ningún medio, incluyendo cómo tales las redes sociales. Queda totalmente prohibido descargar y difundir listados de clase o listados de cualificaciones que figuren en las aulas virtuales por redes sociales.Seguridad de la información
También será aplicable al uso del aula virtual la normativa sobre seguridad en el uso de la información y utilización de las TIC.El incumplimiento de las condiciones indicadas puede generar responsabilidad administrativa.